Máis de medio milleiro de nadadores compiten na Heroica

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

22 jul 2019 . Actualizado ás 18:50 h.

Máis de medio milleiro de nadadores participan este sábado na Heroica 2019, unha competición de augas abertas que discorrerá polos canóns do Sil. Esta proba pertence á copa de España. En total haberá tres categorías competitivas, que se traducen en travesías de 2.500, 5.000 e 10.000 metros. Os organizadores tamén organizan unha popular de 600 metros, que non terá carácter competitivo.

A travesía de 10 quilómetros comezará ás tres e media da tarde. O resto de saídas levarán a cabo entre as catro e as cinco menos cuarto da tarde. Todas as probas finalizarán no embarcadoiro de Doade.

Nesta lugar haberá unha carpa de información cos percorridos e explicaranse por megafonía antes de dar a saída. Os nadadores menores de idade o día da proba deberán encher unha autorización paterna ao recoller o dorsal.