Facenda poxa dúas leiras próximas á canle en Monforte

Luis Díaz
LUIS DÍAZ MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

A poxa convocada pola delegación de Lugo inclúe propiedades noutros sete municipios da provincia

14 may 2019 . Actualizado ás 19:55 h.

A delegación de Economía e Facenda en Lugo puxo a poxa dúas leiras da concentración parcelaria do regadío Val de Lemos situadas dentro do termo municipal de Monforte. Ambas están situadas na zona da Chá e as superficies oscilan entre os 480 e os 8.290 metros cadrados. A poxa convocada por Facenda inclúe tamén propiedades situadas nos municipios da Pontenova, Barreiros, Castroverde, Foz, Ribadeo, Riotorto e Vilalba.

As condicións da poxa poden consultarse na web do Concello de Monforte, no apartado do perfil do contratante que figura como taboleiro de anuncios. Alí detállase que o prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o próximo 11 de xuño. Na web municipal tamén se pode descargar o formulario para presentar a ofertas.

O 20 de xuño

As dúas leiras enajenadas da zona de concentración parcelaria en Monforte están inscritas no rexistro local da propiedade e saen a poxa por prezos de saída de 471 e 8.056 euros, respectivamente. A poxa terá lugar o día 20 de xuño, ás once da mañá, na sede de Facenda en Lugo.