A neve volveu complicar o tráfico

f. albo MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

Os efectos da borrasca Helena fixéronse notar en numeros lugares do sur da provincia

03 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

As condicións meteorolóxicas volveron causar onte numerosos problemas de circulación enel sur lucense. Pola mañá, segundo informou a Deputación, púidose reabrir ao tráfico a estrada LU-P-4703, un tramo da cal quedou alagado o xoves por un desbordamento do río Saa na parroquia de Cereixa, na Pobra do Brollón. O viario afectado é unha pista secundaria que une a capital municipal Cereixa.

A presenza da neve e o xeo provocaron dificultades en moitos lugares, especialmente nas zonas máis altas. Un dos municipios máis afectados foi o de Folgoso do Courel. Aínda que non chegou a nevar nas cotas máis baixas, a neve cubriu os terreos máis elevados, como o Alto do Boi. Neste territorio, as máquinas quitaneves empezaron a traballar na tarde do venres e tiñan previsto seguir ata as dez da mañá do domingo.

Tamén houbo dificultades para circular en estradas de Quiroga, Ribas de Sil e O Incio, e foi preciso ir con precaución en viarias de Taboada, Chantada e Carballedo. A neve caeu tamén con intensidade nas zonas altas da Pobra do Brollón, en localidades como A Veneira.