Victoria épica do Korbis no derbi provincial ante o Emevé

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O equipo cadete de Primeira División do Korbis pon a directa na liga. As novas promesas de Layda Alvarado impuxéronse nun derbi intenso e igualado ao Emevé por 3-2. Os monfortinos certificaron un dos mellores encontros da tempada, que lles permite situarse na zona nobre da categoría. Este conxunto é un dos que ten moitas opcións de disputar a fase final do campionato galego. Este equipo tamén superou ás Calasancias por 3-1.

Polo que respecta ao resto de equipos de Primeira División, os resultados foron os seguintes: Korbis, 3-Alianza Española, 1 (sénior); Korbis, 3-Calasancias, 2 (infantil feminino); Korbis, 3-Calasancias, 0 e Korbis, 3-Emevé, 0 (infantil masculino).

Na Segunda División producíronse os seguintes marcadores: Korbis, 2-Noia, 3 (xuvenil feminino) e Korbis, 3-Calasancias, 0 (cadete feminino). En resumo, os equipos do Korbis conquistaron seis vitorias e encaixaron unha soa derrota.

Gran xornada do Ribeira Sacra

Os equipos do Ribeira Sacra certificaron unha xornada espectacular. Conquistaron un total de cinco vitorias e tan só cederon unha derrota. Na Primeira División lograron dous triunfos e unha derrota. Os equipos xuvenil e cadete impuxéronse por 3-0 ao Pontevedra en dous partidos nos que as novas promesas monfortinas foron moi superiores aos seus opoñentes. Perderon as infantís por 1-3.

Na Segunda División houbo pleno. As xuvenís e as cadetes gañaron ao Pontevedra por 3-0, e as infantís impuxéronse con comodidade por 3-1.