Os asesores científicos do museo xeolóxico de Quiroga visitan o centro para planear a súa ampliación

f. albo QUIROGA / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

06 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O museo xeolóxico de Quiroga recibiu onte a visita de Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto Universitario de Xeoloxía da Coruña, e a paleontóloga Aurora Grandal, pertencente á mesma institución. O obxectivo é achegar ideas e propostas de cara á ampliación do museo, que o Concello proxecta realizar co apoio económico do plan Leader.

O instituto xeolóxico coruñés xa achegou asesoramento científico para a creación do museo, inaugurado en decembro do 2011. Nos novos espazos que se pretende habilitar no centro está previsto expor diversos materiais que están en poder do instituto coruñés, como a reprodución da cabeza de Elba, a muller prehistórica cuxos restos se descubriron nunha cova da serra do Courel. Os visitantes estiveron acompañados polo alcalde Julio Álvarez e o director do museo, Ramón Vila.