O PSOE pide no Parlamento que non se retiren materias en Chantada

La Voz CHANTADA / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

13 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo socialista defenderá no Parlamento de Galicia unha proposta para que a Xunta autorice a oferta das materias de grego e xeoloxía nos institutos Lama dás Quendas e Val do Asma. A portavoz municipal do PSOE en Chantada, Raquel López, deu a coñecer onte a presentación desta proposta. «Os estudantes destes institutos están a ser discriminados por parte do PP na Xunta de Galicia, que non lles deixa estudar as materias que eles desexan escudándose en que non chegan ao número mínimo de alumnos para impartilas», critica esta concelleira.

«Está situación está provocando que os rapaces teñan que recibir clases doutras materias, e no peor dos casos que se trasladen a estudar a centros doutros concellos para poder formarse nas materias que queren», explica Raquel López.

Gardas innecesarias

Segundo sinala, estas dúas materias poderían impartirse sen necesidade de incrementar o persoal de profesores. «Na actualidade -afirma- ous profesores están realizando gardas innecesarias en lugar de dar clases da súa especialidade». Raquel López trasladou esta problemática aos seus compañeiros do grupo parlamentario para que emprace á consellería a «garantir a igualdade e oportunidades entre o alumnado».