Os trens turísticos da Ribeira Sacra tiveron ocupacións de ata o 100%

O programa rexistrou este ano os mellores datos da súa historia, segundo os promotores


Monforte / a voz

As rutas do programa Trens Turísticos de Galicia que discorreron este ano polo territorio da Ribeira Sacra rexistraron ocupacións que oscilaron entre o 90,7% e o 100%. Os responsables deste plan, promovido conxuntamente por Renfe, axénciaa Turismo de Galicia e a Deputación ourensá, sinalan que a última campaña -que terminou en outubro e comprendeu en total doce itinearios polas catro provincias- arroxou«os mellores datos de ocupación de toda a súa historia», cun aumento xeral de usuarios dun 7,4% con respecto ao ano pasado.

Os percorridos pola Ribeira Sacra que se ofreceron durante esta tempada foron tres. Un deles, o da Ribeira Sacra do Sil, tivo unha ocupación do 100%. Outro itinerario que discorreu pola Ribeira Sacra do Miño tivo ocupadas o 99,5% das prazas. A terceira ruta tivo por escenario a Ribeira Sacra e a comarca de Valdeorras e neste caso a ocupación foi do 90,7%.

Os itinerarios levaron a cabo entre o 2 de xuño e o 27 de outubro. Entre os doce percorridos sumaron 2.300 persoas, mentres que os do ano pasado atraeron en total 2.140 viaxeiros. A ocupación das prazas de tren foi dun 92,6% sobre o total, unha cifra que foi do 86,2% na campaña do 2017.

Tres rutas con saída e chegada en Ourense

Todos os percorridos dos trens turísticos que pasaron este ano pola Ribeira Sacra tiveron o seu punto de partida e de chegada na estación ferroviaria de Ourense. Estas foron as rutas ofrecidas durante a pasada tempada:

Ribeira Sacra do Sil. Comprendeu paradas na adega Regina Viarum, o Centro do Viño de Monforte, o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e a estación dos Peares, ademais dun paseo en catamarán polo Sil.

Ribeira Sacra do Miño. Incluíu visitas ao mosteiro das Bernardas de Ferreira de Pantón, o Ecomuseo de Arxeriz e a adega Vía Romana, así como un percorrido fluvial polo Miño.

Ribeira Sacra-Valdeorras. Os usuarios desta ruta puideron percorrer en catamarán o canón do Sil e de realizar unha viaxe fluvial polo Sil e visitas á adega A Coroa -na Rúa-, o santuario das Ermidas -no Bolo- e a estación dos Peares.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
1 voto
Comentarios

Os trens turísticos da Ribeira Sacra tiveron ocupacións de ata o 100%