O Atlético Escairón incorpora a Luis Filipe Couto e a Joshua Appiah

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

CEDIDA

03 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O número de baixas que ten o Atlético Escairón de cara ao partido de mañá (16.30 horas) a domicilio ante o Xove Lago obrigou ao adestrador a mover ficha para reforzar o cadro de persoal. As súas xestións chegaron a bo porto e esta semana incorporáronse dous novos futbolistas. Trátase de Joshua Appiah e de Luis Filipe Couto.

O primeiro é un centrocampista ganés, que se prodiga tamén como extremo, que chega procedente do fútbol madrileño. Destaca pola súa complexión física, a súa velocidade e a súa calidade. O segundo procede do fútbol francés e ocupa a posición de mediapunta. Trátase de dous futbolistas que ademais de ampliar o número de efectivos do cadro de persoal, daralle un salto de calidade.

O cadro do Saviñao, que conta con catro baixas para o choque ante o Xove Lago está obrigado a gañar mañá para frear a sangría que supuxeron as catro derrotas consecutivas que encaixou nas últimas semanas. Aínda sendo conscientes da dificultade que supón sorprender a un rival da categoría do Xove Lago, e máis en casa, os futbolistas de Escalza encaran o partido con moitas ganas de endereitar o rumbo no grupo terceiro da Primeira Autonómica.