O Luis Adegas acolle hoxe un derbi de filiais

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

20 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O campo Luis Adegas será escenario esta tarde (18.00 horas) do duelo de filiais do grupo sur da Terceira Autonómica. Veranse as caras o Lemos B e o Taboada B, dous conxuntos que están empatados con tres puntos na táboa clasificatoria. Ambas as escuadras chegan coa necesidade de sumar a segunda vitoria dun campionato que se está desenvolvendo con bastante igualdade. Para este envite, o técnico local non sabe se poderá contar con todos os seus efectivos, xa que a maioría estudan fóra e non se exercitaron todos os días da semana. Pola súa banda, Txiqui si os terá a todos.

A xornada complétase mañá con outro derbi, que será o que disputarán no campo da Carqueixa o Río Sil e o Quiroga. O encontro pódese definir como un clásico, xa que estes enfrontamentos son habituais nas últimas tempadas. Os locais buscan achegarse ao líder e o Quiroga trata de ampliar a súa vantaxe.

Lóstrego Paradela -dispútase hoxe- e Rubián-Antas completan unha xornada máis que emocionante.