A vendima acada o millón de quilos de uva

La Voz

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

30 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O tempo hase reconciliado cos viticultores da Ribeira Sacra ao chegar a vendima. A meteoroloxía foi adversa nos meses previos, pero o anticiclón mantense firme desde o comezo da recollida da uva. Onte estaba previsto que se superase o millón de quilos colleitados nos viñedos pertencentes á denominación de orixe. O consello regulador agarda pechar a colleita con seis millóns de quilos de uva. Reitoral de Amandi, a maior adega de Ribeira Sacra, abriu a campaña o xoves. Os datos de vendima experimentarán con toda seguridade un sensible incremento esta fin de semana. foto Roi fernández