O Barco gañou o trofeo das festas

luís conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

O equipo ourensán impúxose a un Lemos, que deixou boas sensacións na primeira parte

15 ago 2018 . Actualizado ás 22:27 h.

O CD Barco adxudicouse o trofeo das festas patronais ao derrotar ao Club Lemos por 1-4. A pesar de perder, a escuadra monfortina deu unha boa imaxe, sobre todo na primeira metade, na que aguantou ben aos ourensáns. De feito, en varias fases desta entrega mesmo chegou a dominar, o que se traduciu nalgunhas chegadas con perigo.

Os ourensáns demostraron que son un equipo de Terceira División e adiantáronse no luminoso aos sete minutos por medio de Tabala. Os visitantes puideron marcar de novo no minuto 10, pero unha gran intervención de Arturo evitou o tanto de David Álvarez -o dianteiro foi un dos mellores do partido-. A estas ocasións do CD Barco respondeu o Lemos cun disparo afastado de Castro. Co tempo cumprido, Dafonte foi obxecto dun penalti, que materializou con mestría Brais Meco. Co 1-2 acabou o primeiro tempo.

A segunda parte

Na segunda metade cambiou o decorado, unha circunstancia motivada polos cambios e, sobre todo polo bajón físico do Club Lemos, que viu como o CD Barco marcaba dous goles máis. Co 1-4 finalizou o choque.

O adestrador do Lemos, Edu Rodríguez, extraeu unha conclusión do partido. «Fixemos unha primeira parte moi boa ante todo un Terceira División. É verdade que nos dez primeiros minutos non estivemos ben, pero despois mesmo dominamos. Voume moi satisfeito», comentou.

O alcalde de Monforte, José Tomei, entregou o trofeo de campión ao capitán do CD Barco. Presenciou a segunda parte do partido a campioa de España, Saleta Fernández.

?

Arturo; Ivo, Guitián, Dafonte, Castro; Miguel, Brais Meco, Torres, Denís; Adrián e Castañer. Tamén xogaron Antas, Iván, Germán, Rúa, Varela e Marcos Blanco .

?

Azpillaga; Núñez, Andrés, Barragán, Navarro; Borja Gil, Ivi Vales, Tabala, Juanito; David Álvarez e Revolta. Tamén xogaron Toni, Kiko, Tato, Santi, Rubén e Pablo.

Goles: 0-1, min.7, Tabala; 0-2, min.15, David Álvarez; 1-2, min.45, Brais Meco; 1-3, min.51, Juanito; 1-4, min.68, David Álvarez.

Árbitro: David Fernández.

Incidencias: Partido do trofeo das festas, que se xogou no campo da Pinguela.