A Cova alberga un curso de iniciación ao piragüismo esta fin de semana

La Voz

LEMOS

ALBERTO LÓPEZ

21 sep 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta fin de semana, a praia de A Cova, no Saviñao, será escenario dun curso de iniciación ao piragüismo, que será impartido por un monitor do club monfortino Quixós. O custo da inscrición ascende a vinte euros. As sesións desenvolveranse o sábado e o domingo entre as once da mañá e as dúas da tarde e entre as catro e as sete da tarde. Colabora o Concello do Saviñao.