Un estudante mata a 18 persoas en un ataque contra o seu instituto en Crimea

La Voz REDACCIÓN

INTERNACIONAL

O presunto autor suicidouse despois de cometer o atentado, no que hai máis de 40 feridos. A directora do centro aclara que entre as vítimas figuran alumnos e profesores

17 oct 2018 . Actualizado ás 15:17 h.

Polo menos 18 mortos e 40 feridos. Este é o balance provisional da explosión ocorrida nun un centro de formación profesional da cidade de Kerch, na península de Crimea, segundo informan as autoridades rusas. O Comité de Instrución de Rusia informou que o autor do atentado era un estudante do centro educativo de 18 anos que se suicidou posteriormente. «Foi o estudante do cuarto curso do intituto Vladislav Rosliakov, de 18 anos», dixo a portavoz do CIR

Fuentes policiais priorizaron inicialmente a hipótese da explosión de gas, pero o Comité de Investigación confirmaba pouco tempo despois, e antes de saber a identidade da persoa, o móbil terrorista, como informa Europa Press. Segundo os investigadores, o atacante chegou ao instituto cun fusil na man e, despois do ataque, identificóuselle grazas ás cámaras de videovigilancia. «O seu corpo con ferida de bala foi achado nunha das dependencias do instituto. A xulgar polo escena do crime, a investigación considera que o mozo disparou contra as persoas que se achaban no instituto e logo suicidouse», explicaba un dos portavoces á axencia rusa Interfax.

A directora do instituto, Olga Grebennikova, asegurou que varios homes armados irromperon a berros no edificio e detonaron os explosivos. Tamén sinalou que entre as vítimas figuran tantos alumnos como profesores, informa a axencia Reuters.

Segundo fontes de urxencias, os feridos no suceso presentan lesións por onda expansiva e o número dos mortos pode ir á alza.