Alerta na estación de tren de Colonia por unha toma de reféns

La Voz REDACCIÓN

INTERNACIONAL

Oliver Berg | DPA

O secuestro haberíase producido nunha farmacia onde un home tería tomado como refén a unha muller, segundo apuntan fontes policiais

15 oct 2018 . Actualizado ás 14:36 h.

A policía de Colonia informou dunha toma de reféns nunha farmacia da estación de tren, o que provocou unha alerta co despregamento dun amplo operativo e a evacuación do edificio. 

O secuestro haberíase producido nunha farmacia onde un home tería tomado como refén a unha muller.

Outro portavoz da Policía que se atopaba no lugar dos feitos contou á cadea de televisión n-tv que as forzas da orde están en contacto co secuestrador, do que aínda non se sabe se está armado, informa DPA.

Oliver Berg | DPA

A Policía fixo un chamamento á poboación para que eviten achegarse á zona. 

Medios locais sinalan que se oíron disparos, pero a Policía aclarou que non ten de momento probas diso. Tamén se falou dun atentado incendiario a un local de comidas rápidas aínda que un portavoz policial nega que houbese fume dentro da estación. 

A empresa estatal de ferrocarrís Deutsche Bahn xa comunicou que haberá cancelacións e atrasos.