O naufraxio nun lago de Chicago deixa 17 mortos

AFP

INTERNACIONAL

EFE


Unha muller perdeu a todos os seus fillos, ao seu marido e aos seus sogros no naufraxio, causado por unha súbita tormenta, dun barco con turistas nun lago do estado de Misuri, nos Estados Unidos, que causou 17 mortos.

21 jul 2018 . Actualizado ás 18:28 h.

O accidente produciuse o pasado 20 de xullo pola noite no lago de Table Rock, preto da cidade de Branson, un destino turístico popular pola súa música country. Nun vídeo dunha testemuña vese o barco intentando chegar á beira, no medio de fortes ventos, antes de ser engulido polas ondas e afundirse.

Unha das sobreviventes que se atopa ingresada no hospital confesou á cadea Fox59: «Teño o corazón roto. Dos 11 que eramos, sólo sobrevivimos dous, eu e o meu sobriño» e agregou: «Perdín a todos os meus fillos. Perdín ao meu marido. Perdín á miña sogra e ao meu sogro», ademais da outros parentes. 

Segundo Coleman, o capitán do barco dixo aos pasaxeiros que «non necesitarían» chaleco salvavidas. «Ao principio de todo a auga non parecía ameazante», afirma a muller, convencida no entanto de que «moita xente podería salvarse».

Tras ser noticia a nivel mundial, o presidente estadounidense, Donald Trump, escribiu un chío dando o seu «máis sincero pésame» ás familias e achegados das vítimas.

Doutra banda, o xornal The New York Times cita a outro membro desta familia de Indianápolis, Carolyn Coleman, quen afirmou que había vítimas de tres xeracións, incluídos catro nenos.

A familia alugara unha camioneta para ir a Branson co gallo de a súa viaxe anual, dixo ao xornal. 

Á súa vez, Tia Coleman relatou á cadea KOLR de CNN sobre a súa propia experiencia próxima coa morte: «Estaba a berrar, estaba a berrar, e finalmente dixen, 'Deus, sólo déixame morrer, déixame morrer'». Eventualmente logrou flotar ata a superficie.

O barco anfibio, que pode desprazarse tanto por terra como por auga, levaba a bordo a 31 persoas, segundo as autoridades. Varios pasaxeiros conseguiron chegar sos á beira.

Ao día seguinte, Jason Pace, portavoz da Patrulla de Estradas do Estado de Misuri anunciou o achado de todos os desaparecidos. 

Hoxe, a policía do condado Stone confirmou á axencia AFP a identidade das 17 vítimas, nove deles co apelido Coleman. As vítimas mortais teñen entre 1 e 70 anos, cinco delas tiñan 15 anos ou menos. Entre os falecidos figura o condutor do barco, segundo a policía do condado de Stone. Seis feridos foron hospitalizados.

O condutor era un dos dous tripulantes, informou a prensa estadounidense. O outro, que sobreviviu, facía de comandante do barco, propiedade da compaña Ripley Entertainment.