Papúa Nova Guinea prohibirá Facebook durante un mes

DPA

INTERNACIONAL

Dado Ruvic | reuters

O país estudará o impacto da rede social na poboación, e localizará e expulsará dela a quen publiquen informacións falsas ou imaxes pornográficas

29 may 2018 . Actualizado ás 15:39 h.

Papúa Nova Guinera prohibirá Facebook durante un mes para estudar o impacto da rede social na poboación, e para localizar e expulsar dela a quen publiquen informacións falsas ou imaxes pornográficas, anunciou este martes o ministro de Comunicación Sam Basil no PostCurier .

«Isto permitirá que as persoas con indentidades reais utilicen a rede social con responsabilidade», explicou Basil. «Non podemos permitir que se siga facendo un uso abusivo de Facebook no país», engadiu.

Facebook leva meses baixo a lupa de moitos Gobernos tras facerse público que a empresa Cambridge Analytica tivo acceso aos datos de millóns de usuarios e usounos con fins electoralistas. Basil xa se mostrou preocupado fai un mes polas cuestións de privacidade. «Tamén podemos expornos a posibilidade de crear unha nova rede social para que a usen os cidadáns de Papúa Nova Guinea con perfís reais», dixo.