Carolina presume de netos

Martín Bastos

INFORMACIÓN

VALERY HACHE | Afp

A nova xeración Grimaldi foi este luns a gran protagonista do día nacional de Mónaco

20 novs 2018 . Actualizado ás 19:50 h.

A nova xeración Grimaldi foi este luns a gran protagonista do día nacional de Mónaco, ese momento no que toda a familia sae a saudar ao balcón do seu palacio. Por esas fotos imos vendo cada ano como evoluciona a descendencia que deixaron Rainiero e a princesa Gracia e a imaxe de onte deixou constancia dunha explosión demográfica. Onte incorporáronse por primeira vez aos festexos Stefano e Francesco, fillos de Pierre Casiraghi e Beatrice Borromeo, e Maximilian, o terceiro fillo de Andrea e Tatiana SantoDomingo . Son algúns dos netos pequenos da princesa Carolina, que cargou con dúas deles en brazos como unha orgullosa avoa. E iso que faltou á cita Carlota cos pequenos Rafael e o recentemente nado Baltasar.