O radical cambio de look de Georgina Rodríguez

La Voz REDACCIÓN

INFORMACIÓN

A noiva de Cristiano Ronaldo mostra en redes sociais a súa nova imaxe

21 oct 2018 . Actualizado ás 15:15 h.

A noiva de Cristiano Ronaldo, Georgina Rodríguez, volve ser noticia desde o seu novo fogar en Turin. E é que decidiu apostar por un radical cambio de look, que quixo anunciar nas súas redes sociais, onde xa a a seguen máis de sete millóns de persoas.

«I went crazy, I went blonde (volveume tola, volvinme loura», anunciaba Georgina en Instagram cunha foto na que, efectivamente, a súa longa melena negra pasara a mellor vida para volverse platino.

Cun pantalón  de charol, un top de manga longa e unhas altísimas sandalias, os comentarios sobre o parecido coas irmás Kardashian, especialmente con Kim, non se fixeron agardar.