Talento e erros na estrea de «Operación Triunfo»

A.I.

INFORMACIÓN

TVE estreou onte «OT 2018», cun casting no que destaca o talento dos 16 elixidos

20 sep 2018 . Actualizado ás 17:34 h.

A volta á pantalla de Operación Triunfo era un das estreas máis desexadas da tempada. Tras o éxito sen precedentes de OT 2017, a cadea pública presentou á nova fornada de triunfitos nunha gala 0 no que lonxe quedan os erros garrafales da primeira gala da pasada edición.

Cun estudio mellorado, unha escenografía que non deixa indiferente e un casting que permite ver de novo o inmenso talento musical deste país, arrincou a agardada gala. Non podían faltar os protagonistas da primeira edición. A galega Miriam foi a primeira en pisar o escenario para enviar o primeiro consello aos aínda aspirantes a entrar na academia. Os 16 concursantes do ano pasado saltaron despois para interpretar Camiña, o seu himno na pasada edición, e a emoción por volver a ese estudio quedou reflectida nas bágoas de Aitana e Ana Guerra.

Con Ana Torroja substituíndo a Mónica Naranjo como membro do xurado, todo estaba presto e disposto para dar comezo a Operación Triunfo. Roberto Leal volveu encandear ao público coa súa naturalidade e, a pesar das súas meteduras de pata, nótase que a súa experiencia como mozo para todo de TVE . Un dos seus erros foi preguntarlle a unha das concursantes, Alba Reche,  pola súa parella ao que a concursante lle espetou que acababan de deixalo, ademais de pedir a votación do público ofrecendo o teléfono de Bailando coas Estrelas en lugar do de OT 2018.

As actuacións comezaron. Pasadas as 23:30 aínda só catro dos aspirantes interpretaran a súa canción, nunha gala que se alongaría ata as 1:30 da madrugada. Moi pouco apta para madrugadores. Dos 18 aspirantes, dous quedarían fóra e non lograrían o billete á academia.

Se algo se pode destacar do casting realizado por Noemí Galera e o seu equipo é o perfil carpetero de todos os concursantes. Guapos, delgados... e no que vistas as actuacións as mozas, a priori, parecen ter un nivel vocal máis alto. Veremos como avanza.

Natalia, de Pamplona e con só 19 anos, cegou e conseguiu cativar ao Joe Pérez, o temido membro do xurado. Tras interpretar Crazy e enfrontarse á súa valoración díxolle «encantoume como falaches da música, viva a música… Vía como che pasaban pola cabeza moitas cousas. Certa dúbida ao principio, certo medo, logo colliches forza, nalgún momento hasche deshinchado… Creo que todos necesitamos un empujoncito para progresar. Entras na academia».

Noelia e a súa espectacular interpretación de River , deixaron pampos aos presentes. Do mesmo xeito que Alba Reche coa súa Dangerous Woman. A dozura de Julia co tema de Rozalén Volves , tamén conseguiu namorar ao público.

En canto ao mozos, sorprendeu o alternativo de Miki, o toque latino de Alfonso, a dozura de Dave e o erro ao elixir a canción de Damion. Un dos aspirantes, Luis, xa xerara polémica en redes sociais nos días previos á gala polas súas fotos co rei emérito ou xunto ás torres Trump. Foron moitos os que pediron que non entrase na academia e a súa interpretación de Carita Boa, deu pé ao xurado a propolo para deixalo fose. A el acompañoulle Rodrigo, a galega Sabela e Carlos Right.

Os profesores da academia elegieron á galega das Pontes para entrar na academia e o público quedou con Carlos Right.