A golpes por conseguir no mellor «selfie» na Fontana dei Trevi

Yanel Tilke Seijo / A.I.

INFORMACIÓN

Dous turistas comezaron a pelexarse por conseguir o mellor sitio para conseguir a instatánea

15 ago 2018 . Actualizado ás 20:29 h.

A Fontana dei Trevi é unha das atraccións turísticas máis emblemáticas da cidade de Roma e mesmo comezou a ser máis visitada polo mito de tirar unha moeda de costas á fonte e pedir un desexo. Tal é a afección por este monumento que, o pasado 8 de agosto, dúas mulleres acabaron a golpes en plena fonte por ver quen era a que se sacaba o mellor selfie. Aínda que, non se identificaron as caras das mulleres, si se capturou o momento da pelexa a través dun vídeo que se converteu en viral.

A pelexa asombrou aos turistas que estaban preto delas e tomáronse uns segundos para gravalas nun vídeo, onde se observa como os familiares de ambas trataban de frear unha discusión que rematou con oito implicadas, no medio de decenas de turistas que estaban alucinando co que estaba a pasar.  

As protagonistas do enfrontamento son unha holandesa de 19 anos e unha estadounidense de 44 anos, quen comezaron a agredirse verbal e fisicamente co fin de quedar co mellor lugar para capturar a instatánea. 

As persoas que estaban ao redor quixeron deter peléxaa pero ao ver que os seus familiares e amigos incluíanse na loita decidiron chamar á policía. Cando os axentes chegaron tiveron que pedir reforzos para deter ás dúas mulleres. Os axentes de seguridade detiveron a as oito presentas que foron acusadas de violencia, segundo informaron fontes policiais.