ONCE: Comproba se che tocou o Cuponazo do venres 15 de xuño

La Voz REDACCIÓN

INFORMACIÓN

PEPA LOSADA

Mira se a combinación gañadora do sorteo coincide coa túa

06 jul 2018 . Actualizado ás 18:58 h.

Cada venres o cupón da ONCE reparte miles de euros en premios. Existen dúas modalidades, a clásica: o Cuponazo da ONCE e o Cuponazo XXL. En que se diferencian? Pois nos premios. O Cuponazo da ONCE custa tres euros e pódense gañar un premio de ata 9.000.000 de euros e seis de 100.000 euros. A repartición de premios neste caso é de un premio de 9.000.000 euros ás 5 cifras e a serie, 134 premios de 25.000 euros ás 5 cifras, 1.215 premios de 150 euros ás 4 últimas cifras, 12.150 premios de 15 euros ás 3 últimas cifras, 121.500 premios de 6 euros ás 2 últimas cifras e 1.215.000 premios de 3 euros á última cifra. O número premiado foi o 34387 e a serie 25. 

Estes son o resto dos números premiados con 100.000 euros (200.000 para o Cuponazo XXL): 

  • 70598 series 92
  • 11178 series 92
  • 74518 series 73
  • 67275 series 4
  • 27818 series 24
  • 70315 series 94

Ademais hai outra serie de premios adicionais ao Cuponazo: 6 premios de 100.000 euros ás 5 cifras e serie da 2ª á 7ª extracción, 804 premios de 300 euros ás 5 cifras da 2ª á 7ª extracción, 7.290 premios de 20 euros ás 4 cifras da 2ª á 7ª extracción, 72.900 premios de 6 euros ás 3 cifras da 2ª á 7ª extracción e 729.000 premios de 3 euros ás 2 cifras da 2ª á 7ª extracción.

O Cuponazo XXL costa dous euros e conta con premios de ata 15.000.000 millóns de euros e seis máis de 200.000 euros. Estes son os premios que che poden tocar se xogas ao Cuponazo XXL: 1 premio de 15.000.000 euros ás 5 cifras e serie, 134 premios de 40.000 euros ás 5 cifras, 1.215 premios de 250 euros ás 4 últimas cifras, 12.150 premios de 25 euros ás 3 últimas cifras, 121.500 premios de 10 euros ás 2 últimas cifras e 1.215.000 premios de 5 euros á última cifra.

Tamén conta con premios adicionais ao Cuponazo XXL: 6 premios de 200.000 euros ás 5 cifras e serie da 2ª á 7ª extracción, 804 premios de 400 euros ás 5 cifras da 2ª á 7ª extracción, 7.290 premios de 30 euros ás 4 cifras da 2ª á 7ª extracción, 72.900 premios de 10 euros ás 3 cifras da 2ª á 7ª extracción e 729.000 premios de 5 euros ás 2 cifras da 2ª á 7ª extracción.

A historia do cupón da ONCE

O sorteo do cupón da ONCE comezou a celebrarse en maio do 1939, pero non foi ata xaneiro de 1984 cando se instaurou un sorteo parecido ao que se celebra na actualidade. Co paso dos anos hanse ir engadindo novas modificacións, como o Cuponazo dos venres ou o das fins de semana. 

Coa compra do cupón contribúese a un gran labor social que desenvolve a Fundación ONCE. A súa rede de vendedores, todos con graves deficiencias visuais, ten a través desta venda unha fonte de ingresos e unha saída laboral, pero ademais, parte do recadado coa venda de cupóns e os seus diferentes sorteos contribúe ao desenvolvemento dunha serie de melloras de carácter social, como a asignación e mantemento de cans guía e a creación de aplicacións e dispositivos en braille, entre outros.