Primitiva: Consulta aquí o resultado do sorteo do xoves 19 de abril do 2018

La Voz REDACCIÓN

INFORMACIÓN

Comproba a combinación gañadora coa que podes gañar o bote de 18,3 millóns euros

19 abr 2018 . Actualizado ás 22:23 h.

Comproba aquí os números premiados no sorteo da Primitiva deste xoves 19 de abril, no que está en xogo un bote de 18,3 millóns de euros. A combinación gañadora da Primitiva foi a formada por 10, 19, 33, 43, 45 e 46, sendo o complementario o 32 e o reintegro, o 2. Este xoves non houbo acertantes do premio especial da Primitiva. Si houbo un de primeira categoría, un boleto selado en San Román de los Montes (Toledo) que se levou un premio de 1.731.262,64 euros. 

A combinación gañadora do sorteo do Joker, asociado ao da Primitiva, cun millón de euros en xogo, foi: 5,4,7,7,7,4 e6. 

O sorteo da Primitiva é un dos máis antigos de todos os que se celebran en España. Os primeiros sorteos da Primitiva remóntanse á época de Carlos III, no século XVIII. En 1812 pasou de denominarse Lotería por números a Lotería Primitiva, para diferenciarse da Lotería Nacional que coñecemos na actualidade e dar lugares a confusións. Pero a traxectoria da Primitiva viuse interrompida durante máis dun século, no que estivo sen celebrarse, ata que no ano 1985 recuperouse do esquecemento.

Como xogar á Primitiva?

O sistema de apostas da Primitiva non entraña ningunha dificultade. É necesario elixir seis números diferentes que van o 1 ao 49  e o sistema informático asigna aleatoriamente un número como reintegro do 0 ao 9. Á hora do sorteo dun primeiro bombo extráense sete bólas (unha extra como complementario) e doutro o reintegro. Cada aposta simple costa un euro, dous no caso de que se queira xogar os dous días xoves e sábado e o Joker, un sorteo asociado engadido no ano 2012 que custa un euro máis cada día.