Sete detalles que non sabías sobre «Cincuenta sombras liberadas»

C. Aldegunde REDACCIÓN / LA VOZ

INFORMACIÓN

A película pon fin á triloxía que narra a historia de amor e erotismo de Anastasia Steel e Christian Grey

10 feb 2018 . Actualizado ás 17:43 h.

Por fin chega aos cines a agardada, polos seus millóns de fans, terceira parte da saga de Cincuenta sombras de Grey. Tras Cincuenta sombras de Gre e e Cincuenta sombras máis escuras, agora estréase Cincuenta sombras liberadas, que pon fin á triloxía baseada nas novelas do mesmo nome publicadas no 2011 por E. L. James e que supuxeron unha auténtica revolución no mundo da novela erótica. Protagonizada por Jamie Dornan e Dakota Johnson, teñen ás súas costas un número case igualitario de fans como de detractores. Aos que ven a película como un drama erótico con altas doses de cursilería, contraponse os que simplemente pensan en ver como remata a historia de amor entre Anastasia Steel e Christian Grey. A crítica non deixou moi ben parada á primeira película, Cincuenta sombras de Grey, e os premios tampouco. Aínda que tivo un nomeamento aos Oscars, foi pola súa mellor canción orixinal, Earned It. Pero os Razzie non tiveron piedade con ela. levou os antisocars a peor película, peor actor, peor actriz, peor guion e ata á peor parella en pantalla, xa que defendía que non tiñan os protagonistas non tiñan nin chisco de química. Pero esta saga ten algunhas curiosidades que probablemente non lembrabas e que agora, con motivo da estrea da última película, lembramos:

1. Os outros Christian Grey

Jamie Dornan non foi o actor elixido en primeiro lugar para interpretar a Christian Grey. Antes del, os directores e produtores pensaron en Ryan Gosling. Tamén en Charlie Hunnan, pero o actor de Sons of anarchy decidiu abandonar o proxecto antes de comezar debido á súa apertada axenda. Falouse de Matt Bomer e mesmo de Ian Somerhalder, pero ao final Jamie Dornan foi o que encargou a Grey. Agora, o actor asegura que non volverá pa pórse na pel de multimillonario. «Non creo que haxa máis... non hai máis libros. E.L. James escribiu as dúas primeiras novelas desde a perspectiva de Christian, pero xa fixemos esas películas, é a mesma historia, así que non as van volver a facer, a menos que a escritora siga escribindo. Dakota e eu, especialmente eu, estamos a facernos moi maiores para isto», aseguraba. Iso si, tras a estrea da primeira película, presionado pola súa esposa, Amelia Warner, Dornan pensou en abandonar a saga, pero finalmente non o fixo. Iso si, ela decidiu non ver ningunha das dúas películas, así que se supón que tampouco verá Cincuenta sombras liberadas.

BENITO ORDOÑEZ

2. O duro adestramento dos actores

Tanto Dakota Jonhson como Jamie Dornan sometéronse a un intensivo adestramento para poder encarnar a Anastasia e Christian. Os dous puxéronse en mans da adestradora dos famosos, Ramona Bragança, que tivo especial traballo con Dakota Jonhson para lograr que o seu corpo se asemellase ao do seu personaxe. «Dakota levaba un mes facendo exercicio cun adestrador persoal en Nova York, así que recibín algunhas instrucións sobre o que querían conseguir, que era manterse grácil e delicada», asegurou a Healthista.

View this post on Instagram

A post shared by Ramona Braganza (@ramonabraganza)

 

3. Jamie Dornan canta na terceira película da saga

O actor intrepreta Maybe Im Amazed, que esta incluída na banda sonora de Cincuenta sombras liberadas.

4. O cameo de Rita Ora

A cantante, que interpreta algunhas das cancións da banda sonora de Cincuenta sombras de Grey, fai un cameo na película. Interpreta á irmá de Christian Grey, Miña Grey.

5. Fálanse en realidade os actores protagonistas?

No mundo do cine sempre hai unha chea de rumores e contos, e non se sabe se este forma parte dunha deles. O caso é que as malas linguas aseguran que Dakota Jonshon e Jamie Dornan non se dirixen a palabra cando se apagan os focos. Non é que non leven ben, o cal non sería tan anormal, é que nin se falan para manter os mínimos estándares de educación e bos xeitos.

6. As dúas primeiras películas rodáronse á vez

PATRICK KOVARIK | AFP

Cincuenta sombras de Grey e Cincuenta sombras máis escuras rodáronse ao mesmo tempo, xa que se estrearon con só un ano de diferenza. Dakota Jonshon asegura que as escenas de sexo graváronse todas xuntas, as das dúas películas. E engadiu ademais que para Cincuenta sombras liberadas tívose que preparar psicoloxicamente para gravar as escenas eróticas. «Quero dicir, móstrase moito máis o meu corpo que o de Jamie, en realidade. Ademais, estrañamente el é o que fai todas as flexións», asegura.

7. Un hotel ofrece unha experiencia baseada na películas

Si, o hotel está en Mérida e entre os extras está un kit erótico, unha botella de champaña e ata a posibilidade de deixar unha nota sensual á túa parella. O kit erótico consta de esposas con chave, antifaz, fusta, unha gravata gris e un contrato para asinar, todo iso para emular a mítica Cincuenta sombras de Grey.