Estes son os vídeos máis vistos de Youtube en 2017

Mario Seijas / M. P. REDACCIÓN / LA VOZ

INFORMACIÓN

Musicais, talento e humor son os protagonistas do ránking anual de vídeos con máis repercusión

07 dic 2017 . Actualizado ás 22:26 h.

Cando o 2017 está a dar as súas últimas rabexadas de vida, Youtube publicou unha lista con os dez vídeos máis influentes durante o ano. Dentro do xénero musical, Youtube publicou un ránking específico, claramente liderado polo Despacito de Luis Fonsi e Daddy Yankee. No ránking global con todo, cabe todo tipo de contido, desde os propios vídeos musicais a fenómenos virales ou contido de humor de todo tipo. Todo iso está filtrado non só por reproducións, se non tamén por o feedback nas redes e comentarios de usuarios.

1. Until We Will Become Dust - Oyster Masked

Unha peculiar actuación dun concursante nun talent show tailandés, onde sobe ao escenario a cantar disfrazado de ostra.

2. Ed Sheeran - Shape Of You 

É o único videoclip da lista, trátase o éxito global do cantautor británico publicado no principio do ano.

3. Ping Pong Trick Shots 3 | Dubide Perfect

Un grupo de americanos leva a cabo incribles trucos utilizando pelotas de ping pong. A súa canle é un dos que máis subscriptores ten dentro de Youtube, con 24 millóns de usuarios.

4. Darci Lynne - America's Got Talent 2017

Unha pequena de doce anos canta en directo utilizando un boneco de ventriloquíaa no coñecido talent show: America's got Talent.

5. Ed Sheeran Carpool Karaoke

Segunda vez que o artista británico aparece na lista, esta vez participando en soado programa de James Corden: CarPool Karaoke

6. Lady Gaga's FULL Pepsi Zero Sugar Super Bowl

A actuación da  Lady Gaga americana durante o descanso de a Superbowl deste ano.

7.  A Bad Lip Reading of Donald Trump's Inauguration

Unha desternillante parodia do día da toma de presidencia de Donald Trump , a través da dobraxe das súas declaracións.

8. History of the entire world, i guess

Un cómico repaso da historia da humanidade a través da animación.

 9. In a Heartbeat - Animated Short Filme

Un curto animado onde un mozo homosexual experimenta o seu primeiro amor.

10. Children interrupt BBC News interview - BBC News

A entrañable e graciosa aparición da filla do profesor Robert Kelly durante unha entrevista da BBC.