O Torneo de Penas xa ten aos seus finalistas

a voz VIGO

ZONA CELESTE

cedida

Os partidos da primeira fase disputáronse esta mañá na Madroa e Candeán

12 oct 2018 . Actualizado ás 17:11 h.

A edición número 22 do Torneo de Penas que organiza a Federación xa ten aos seus finalistas. Esta mañá, aproveitando o festivo, disputáronse nos campos da Madroa e Candeán os encontros correspondentes á primeira fase. Os 22 equipos distribuíanse en catro grupos de catro equipos e dous de tres, clasificándose en todos os casos os dous primeiros clasificados.

Os clasificados foron Boinas Celestes A e Os Zoqueiros (grupo A), Celtas do Verugo e Centolos do Celta (grupo B), Terra Celeste e Ramallosa-Canido (grupo C), Boinas Celestes B e Pena Iago Aspas (grupo D), Arbo e Caldeirada Sideral (grupo E) e A miña Bendita Condena e a Pena Natxo Insa (Grupo F). Todos eles disputarán a fase final en maio.

Máis aló dos resultados deportivos, o torneo mantivo a súa esencia: funcionar como unha reunión de peñistas que pasan un intre agradable marcado polo celtismo e o bo ambiente. Moitas delas deixárono claro a través das súas publicacións en redes sociais.