Gustavo López acadaba os 200 partidos co Celta en Primeira

La Voz VIGO

ZONA CELESTE

Domenech Castelló

Foi fronte ao Vilarreal o 6 de maio do 2007

06 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

2007: Tal día como hoxe, Gustavo López acadaba os 200 partidos co Celta en Primeira, segundo datos de Alberto Fernández, CeltaHistoria. Foi na xornada 33 da tempada 2006/2007, a do último descenso, consumado fronte ao Xetafe cinco semanas despois. Eses cinco partidos que restaban foron os últimos do arxentino co equipo vigués antes de fichar polo Cádiz.

No duelo do que se cumpren hoxe anos o equipo que dirixía Stoichkov mediuse ao Vilarreal e caeu pola mínima. Gustavo xogou 64 minutos, saíndo de inicio nun once que completaban Esteban, Anxo, Tamas, Contreras, Placente, Nené, Oubiña, Iriney, Pablo García e Baiano.

El Cuervo tamén defendeu a camiseta celeste en Segunda na tempada 2004/2005 -a posterior á de disputa da Champions que rematou con descenso-, así como en encontros de Copa, UEFA, Intertoto e Liga de Campións. Foron en total 292 encontros como céltico.