O Celta lograba un triunfo crave en Zaragoza

La Voz VIGO

HEMEROTECA

Jose Andres Sanchez

Un gol de Aspas selaba unha das dez vitorias craves para a salvación do 4 %

26 novs 2019 . Actualizado ás 17:02 h.

2012: Un gol de Iago Aspas daba o triunfo ao Celta ante o Zaragoza tal día como hoxe na campaña do regreso a Primeira. Corría a xornada 13 e os vigueses sumaban a súa terceira vitoria na tempada da salvación do 4 %, na que cada punto acabou sendo imprescindible para lograr o obxectivo. Era, ademais, a primeira vez que sumaban de tres fóra de Balaídos ese curso.

O moañés exercía unha vez máis o papel de salvador, neste caso cun gol que chegaba aos 82 minutos e que sería o único do partido (0-1). O equipo vigués sumou nese curso 2012/2013 un total de dez vitorias e o canteirán marcou doce goles, sete dos cales serviron para puntuar.

Javier Cebollada

O once celeste daquel partido formárono Javi Varas -que realizou varias paradas decisivas-, Hugo Mallo, Túñez, Cabral, Roberto Lago, Álex López, Borja Oubiña, Mario Bermejo, Krohn-Dehli e o propio Aspas. Paco Herrera deu minutos testemuñais, así mesmo, a Park e Bustos.