Djorovic anotaba o seu primeiro gol co Celta tal día como hoxe

La Voz VIGO

HEMEROTECA

LVG

Conseguiuno en Balaídos fronte á Real Sociedade o 15 de febreiro de 1998

15 feb 2018 . Actualizado ás 22:17 h.

1998: Goran Djorovic lograba o seu primeiro gol co Celta , o primeiro dos nove que chegaría a anotar durante as catro tempadas que o central serbio xogou no equipo vigués. Aquel debut goleador produciuse nun triunfo fronte á Real Sociedade en Balaídos (2-1). Os donostiarras habíase adiantado cun gol de Gracia , mentres que para os locais marcaría tamén Revivo.

Naquela primeira campaña súa como céltico Djorovic só marcou ese tanto, do mesmo xeito que na seguinte. Na 1999/2000 conseguiu catro e no seu último ano en Vigo, tres. Dáse a circunstancia de que en ningún dos partidos nos que o serbio marcou o Celta caeu derrotado (oito vitorias e un empate). Marcou tanto en Liga como en Copa e Uefa e o último dos seus goles celestes fíxollo ao que logo se convertería no seu seguinte equipo, o Deportivo, nun derbi en Balaídos.

Aquel triunfo situaba ao equipo de Irureta a só seis puntos do liderado. Sería a campaña na que o conxunto se clasificaría para Europa 17 anos despois.