O Celta vencía ao Atlético

La Voz VIGO

HEMEROTECA

XOAN CARLOS GIL

Os goles de Nolito e Orellana daban o triunfo aos de Berizzo en Balaídos

15 feb 2021 . Actualizado ás 11:06 h.

2015: Os goles de Nolito, desde o punto de penalti, e de Orellana, daban a vitoria ao Celta en Balaídos fronte ao Atlético de Madrid. O conxunto que entón dirixía Berizzo asinaba unha gran actuación, dominando por completo aos colchoneiros e adxudicándose uns merecidos tres puntos.

Os once do Toto para aquel compromiso foron Sergio, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja, Fontás, Augusto, Krohn e Larrivey máis os dous goleadores; tamén xogaron o Tucu Hernández e, nos últimos instantes, Álex López e Santi Mina. Polo Atlético, Simeone apostara por Moyá, Juanfran, Miranda, Siqueira, Godín, Saúl, Gabi, Tiago Mendes, Mandzukic, Griezmann e Fernando Torres.