Quique Costas debutaba coa selección tal día como hoxe

La Voz VIGO

HEMEROTECA

CEDIDA

Facíao sendo futbolista do Celta

11 feb 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

1970: O futbolista vigués e naquel momento xogador do Celta Quique Costas debutaba coa selección española tal día como hoxe. O seu primeiro partido disputouno fronte a Alemaña en Sevilla e tivo a oportunidade de disputar o amigable completo..

Das doce ocasións nas que foi internacional a maiores, en cinco delas pertencía aínda ao conxunto celeste, segundo datos de Alberto Fernández, CeltaHistoria; no resto era xogador culé.

Costas, que concedeu unha entrevista a Bancada de Río co gallo de o seu 70 aniversario, foi celeste entre 1965 e 1971. Co Celta chegou a disputar un total de 168 partidos nos que marcou once goles.