O exercicio de fe celtista fronte ao Sevilla

La Voz VIGO

HEMEROTECA

Xoán Carlos Gil

A afección organizaba un recibimento ao equipo tras ter caído 4-0 no Sánchez Pizjuán

11 feb 2021 . Actualizado ás 22:39 h.

2016: Era tarde de bengaleo en Balaídos. Aínda que a priori a eliminatoria de semifinais contra o Sevilla estaba perdida tras ter caído 4-0 no feudo hispalense, a afección do Celta quixo crer e facer crer aos seus futbolistas. Ao final, por un momento -aínda que fugaz- o soño chegou a parecer posible.

XOAN CARLOS GIL

Non puido ser e o 2-0 momentáneo con dous goles de Iago Aspas transformouse nun 2-2 definitivo que clasificaba ao Sevilla. A pesar diso, a afección seguiu animando ata o final e entoou a Rianxeira como fixeran unha semana antes os celtistas desprazados ao Calderón. Había que celebrar que se xogou unha semifinal menos de tres anos despois da salvación do 4 %. Menos de catro despois, disputáronse dous.