O Celta eliminaba ao Shakhtar e accedía a oitavos de UEFA

La Voz VIGO

HEMEROTECA

Óscar Vázquez

Os vigueses impúñanse en Balaídos tal día como hoxe grazas a un gol de Catanha

07 dic 2016 . Actualizado ás 13:07 h.

2000: O Celta conseguía tal día como hoxe o pase a oitavos da edición da UEFA da tempada 2000/2001 ao imporse pola mínima ao Shakhtar en Balaídos (1-0) tras ter empatado a ceros en Ucraína. Despois eliminaría ao Sttutgart para daquela ser apeado polo Barcelona.

O único gol do partido anotouno Catanha, que aproveitou un centro de Giovanella no minuto 28 para bater a Virt. O propio brasileiro e Doriva dispuxeron doutras das oportunidades máis claras do encontro e, aínda que non lograron mateiralizarlas, o gol foi suficiente para avanzar.

Víctor Fernández confeccionou un once formado por Cavallero -que tamén foi protagonista ao desbaratar varias ocasións claras dos visitantes-, Yago, Fernando Cáceres, Djorovic, Juanfran, Doriva, Giovanella, Karpin, McCarthy, Gustavo López e Catanha. Tamén tiveron minutos Velasco, Vagner e Jesuli. O técnico do Shakthar escolleu a Virt; Starostiak, Shevchuk, Okoronkwo, Gleveckas, Zubov (Savu, min. 46), Bakharev, Kovalov (Aliuta, min. 46), Popov, Vorobiei e Bielik (Abramov, min. 73).

Unha vez lograron pórse por diante, os vigueses centráronse en manter un resultado que lles valía, aínda que continuaron levando a iniciativa do partido. Mesmo Karpin estivo a piques de sentenciar nos instantes finais.