O Celta goleaba ao Valladolid

La Voz VIGO

HEMEROTECA

Óscar Vazquez

Foi nun partido de Copa no que marcaron Catalá, Toni, Bermejo e Aspas

12 oct 2020 . Actualizado ás 11:36 h.

2011: Aínda en Segunda división -aquela sería a tempada do ascenso- o Celta eliminaba ao Vallaolid de Copa cunha goleada en Balaídos. Os goles de Catalá, Toni, Bermejo e Aspas servían ao equipo de Paco Herrera para vencer 4-1 aos valisoletanos -o gol rival, o último do partido, chegaba a falta de nove minutos- para avanzar na competición.

Óscar Vazquez

O once celeste daquel partido estivo conformado por Sergio, Hugo Mallo, Oier, Catalá, Bellvís, Oubiña, Natxo Insa, Toni, Joan Tomás, Bermejo e Aspas. Ademais, naquel compromiso debutou co primeiro equipo o canteirán Raúl Navas, que saíu como substitución de Oier para os últimos dez minutos. Tamén saíron desde o  banco Roberto Lago e Jota .

Previamente o equipo xa eliminara ao As Palmas, ao que derrotara a domicilio por 0-2. Tras eses dúas primeiros cruces a partido único, os celestes medíronse ao Espanyol, que lles eliminaría tras empatar a ceros en Balaídos e vencer 4-2 en Cornellá.