Gudelj convertíase en centenario co Celta

La Voz VIGO

HEMEROTECA

BENITO

O partido contra o Racing do 4 de outubro de 1995 permitíalle acadar esa cifra redonda

04 oct 2018 . Actualizado ás 14:10 h.

1995: Tal día como hoxe, Vlado Gudelj acadaba a cifra redondea de 100 partidos como xogador do Celta en Primeira. Foi no Sardinero fronte ao Racing de Santander e a felicidade non puido ser completa, xa que o equipo perdeu por 2-1 despois de que Sánchez adiantase aos vigueses pero o cadro cántabro conseguise remontar.

Gudlej foi titular naquel partido, no que o acompañaron no once Prats, Mariano, Alejo, Patxi Salinas, Berges, Gil, Eusebio, Desio, Geli e o goleador Sánchez. O hoxe delegado foi céltico entre 1991 e 1999. No seu primeiro ano o equipo estaba en Segunda, pero logrou o ascenso.