Vicente disputaba o seu último partido co Celta

La Voz VIGO

HEMEROTECA

BENITO

Foi en Balaídos fronte ao Valencia o 25 de maio de 1996

25 may 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

1996: Vicente despedíase do Celta tal día como hoxe, transcorridos 16 anos desde o seu primeiro partido como celeste e con 353 encontros defendendo a camiseta do Celta ás súas costas. O seu último compromiso foi un choque en Balaídos fronte ao Valencia que concluíu con empate a uns e no que Fernando Castro Santos lle deu entrada no minuto 52. Milojevic empataría no 89, neutralizando así o gol visitante de Mitjatovic.

O once do Celta formárono Prats, Alejo, Patxi Salinas, Tárraga, Aguirretxu, Eusebio, Ratkovic, Merino -o futbolista en substitución do cal entrou Vicente-, Desio, Gil e Juan Sánchez.