O Celta lembra a Quinocho no 33º aniversario da súa morte

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

O club elixiu para a homenaxe as 19.23, hora simbólica polo ano de fundación da entidade

20 oct 2021 . Actualizado ás 19:33 h.

O Celta quixo lembrar hoxe a través das redes sociais ao que foi xogador e xerente do club Quinocho, que foi asesiado mentres desempeñaba esa segunda función hai 33 anos, o 20 de outubro de 1988. "Inesquecible. Eterno. 33 anos sen ti", podíase ler no perfil de Twitter ás 19.23 -hora simbólica por coincidir co ano de fundación do club, 1923- xunto con dúas fotos de Joaquín Fernández Santomé.

Aquel 20 de outubro, Quinocho recibiu unha puñalada por parte duns atracadores nas dependencias do club, unha perda que conmocionou ao celtismo e á cidade de Vigo. Quinocho tratara de encararse con eles, lanzando un cinceiro contra o que levaba un coitelo que acto seguido lle cravou no corazón. Faleceu mentres era trasladado ao hospital.

Nacido en maio de 1932, a súa relación co Celta comezou cando tiña 20 anos e pertenceu ao equipo durante dez tempadas entre os anos 1953 e 1963. Tras o seu paso por Vigo retirouse en o Castelló en 1968 e alí exerceu como secretario técnico ata o seu regreso a Vigo en 1974 como xerente, o cargo que exercía no momento do seu asasinato. Deixou viúva e unha filla de 15 anos. 

O Celta instaurou un trofeo estival co seu nome que se celebra desde 1995 -que non se volveu a celebrar tras a pandemia- e a día de hoxe tamén segue existindo unha pena celtista que leva o seu nome.