Velocidade, verticalidade e descaro

Ismael Falcón EN CELESTE

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Cando coincidín con Javi era máis novo, pero xa despuntaba pola súa velocidade e o seu descaro co balón. Logo ha ir evolucionando e progresando como futbolista e a día de hoxe véxoo como unha boa fichaxe que pode achegar bastante verticalidade ao Celta . Polo sistema de xogo que ten o equipo vigués, é un futbolista que lles vai vir moi ben.

Víaselle un futuro interesante, viña a miúdo co primeiro equipo e apuntaba xeitos. Recalar nun club como o Celta sempre é importante para un futbolista e el, pola súa traxectoria e a súa mocidade, creo que vai encaixar ben, vai achegar esa alegría ofensiva á parte das súas cualidades en defensa e vai ser un futbolista a ter moi en conta.

Lémbroo como un mozo humilde, calladito, moi traballador. Penso que se vai adaptar ben ao Celta , que é un equipo ofensivamente con xogadores moi importantes que che poden crear perigo ou ocasión de gol en calquera xogada. Sorprendeume para ben no partido que xogamos contra eles. Atrás tamén se lles viu moi seguros e Galán vai ser un gran reforzo. É moi bonito xogar no Celta e recoméndollo ao 100 %.