O Celta puxo en marcha onte pola tarde as renovacións

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Salvador Sas

O prazo para realizar os trámites finaliza o día 11

03 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta anunciara o 2 de agosto como data de inicio da campaña de renovacións de abonos. Chegado o día, houbo que agardar a ao redor das 15.00 horas para que se habilitase a web correspondente. Nesta ocasión, a diferenza con anteriores e en liñas xerais, non se rexistraron problemas técnicos nin incidencias máis aló dalgunhas dúbidas concretas por parte dos interesados en realizar os trámites á hora de completalos. O prazo remata o día 11 e só despois haberá posibilidade de xestionar novas altas.

O club decidiu este ano establecer un desconto especial único de 50 euros, cantidade que coincide coa que pagaron aqueles que renovaron en ano pasado, para unha tempada na que só houbo público no último encontro de Liga e con capacidade reducida. Elimináronse as rebaixas familiar e de accionista, á parte de non pemitirse o financiamento, un dos aspectos máis polémicos.