Non hai que buscar fóra

Jorge Otero VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O Celta ten unha moi boa canteira, pero hai que apostar por eles

28 may 2021 . Actualizado ás 21:16 h.

O Celta ten unha moi boa canteira, pero hai que apostar por eles. Hai que ter paciencia e tranquilidade e arriscar coa xente de casa. Carlos Domínguez é un bo exemplo. Saíu e cumpriu estupendamente, pero se non fóra así, habería que seguir insistindo porque é un dos futbolistas que pode crecer, igual que José Fontán, Gabri Veiga e compaña.

Estou convencido de que non hai que buscar fóra, porque ás veces hai moitos futbolistas que non melloran o que pode haber na canteira, pero todo pasa por manter a posta, o traballo e a ilusión.

Ademais, no caso actual do Celta confluíron todos os astros para que coincidisen varias xeracións de canteiráns con futbolistas importantes. No caso dos mozos, algúns xa están a demostrar que son o futuro. Coudet, debido ás baixas, tivo que apostar por algún deles por necesidade, pero cando o fixo demostráronlle que poden ser xogadores importantes e que queren ser futbolistas do Celta , algo que hai que pór en moito valor.

E aínda que todos desexamos que haxa moitas da canteira, o primeiro é que estes sexan futbolistas e que estean preparados para afrontar o reto de xogar en Primeira e nun equipo grande.