O ascenso do Espanyol dá ao Celta 1,8 millóns por Vadillo

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

O equipo catalán tiña a obrigación de comprar ao xogador en caso de ascenso a Primeira

09 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Celta percibirá unha cantidade de 1,8 millóns de euros pola venda de Álvaro Vadillo ao Espanyol, xa que no contrato de cesión asinado no mercado de verán pasado incluíuse unha cláusula de compra obrigatoria no caso de que o conxunto perico regresase a Primeira, pola contra, o xogador andaluz debería volver a Vigo.

Vadillo reporta ao Celta algo menos dous millóns despois de chegar a custo cero ao conxunto vigués o pasado verán e de non chegar a debutar en partido oficial tras unha triste pretemporada. No económico a aposta saíulle redonda ao conxunto vigués.

Por contrato o Espanyol ten que quedar cun xogador que apenas utilizou en Segunda División, o que aventura un difícil futuro no equipo de Vicente Moreno unha vez que regresan á elite. Jozabed, aínda que o Málaga non ascenda, pode seguir no equipo andaluz, pero xa desvinculado do vigués.