Despedirse no campo

Xosé R. Castro FONDO NORTE

BANCADA DE RÍO

LOF

27 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Sergio merecíase outra despedida. Polo seu traballo, a súa implicación e os seus tres lustros no Celta , debería dicir adeus no campo, pero as lesións e a pandemia privaranlle dun acto de xustiza, o de recibir a máis grande das ovacións do celtismo.

O Gato foi, e seguro que seguirá sendo, un exemplo superlativo en todas as frontes. Dentro do campo, sendo peza importante do renacer celeste, e fóra, participando en todas as iniciativas e representando ao club. Só unha persoa comprometida como el podía facer unha viaxe lóstrego a Perú para presentar unha escola estando nos seus últimos días de vacacións.

García Cota, o xefe dos servizos médicos, púxoo de exemplo en multitude de ocasións. Non como paciente, senón como presenta e deportista. Podería xogar ou agardar quenda, que sempre foi o primeiro en chegar á Madroa e o último en marcharse. Sempre amable e atento con todos, sen unha mala palabra, todo boas accións. De dez.