As notas de pretemporada dos lectores de Bancada de Río

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Óscar Vázquez

Emre Mor, o futbolista máis destacado dos amigables por diante de Aspas, Baeza e Tapia

07 sep 2020 . Actualizado ás 10:42 h.

Do mesmo xeito que sucederá durante a tempada por terceiro ano consecutivo, os lectores de Bancada de Río tiveron oportunidade de puntuar aos xogadores do Celta polas súas actuacións nos amigables de pretemporada. Cunha pinza entre 250 e 380 votos segundo o partido, os resultados dan pistas sobre que xogadores convenceron máis, aínda que se trate unicamente de test de pretemporada.

A gran sorpresa foi Emre Mor, un xogador co que ninguén contaba -nin sequera o propio club nin Óscar, que non lle convocou inicialmente para a pretemporada- e que foi elixido polos lectores como o mellor nos tres partidos. A súa nota media é de 6,45, cun máximo de 6,69 frontes ao Oviedo, o primeiro duelo e no que cegou.

O segundo lugar, cun 6 xusto, é para Iago Aspas, máximo goleador cun tanto en cada encontro e que recibe a súa mellor cualificación fronte ao Lugo (6,55). Tras el aparecen dúas das incorporacións deste verán e que deixaron boas sensacións nestes ensaios, Miguel Baeza cun 5,57 e Renato Tapia cun 5,55. En ambos os casos, as notas máis altas foron no segundo partido (6,07 e 5,78, respectivamente).

Iván Villar é o último que, como os xogadores anteriores, aproba en todos os compromisos, quedándose cunha media de 5,48 seguido de Nolito, con 5,46 pero suspenso contra o Sporting (4,87). Séguelle de preto o xogador do filial con máis protagonismo do verán, José Fontán, con media de 5,34 e unicamente por baixo do cinco (4,95) no terceiro partido.

Tamén aprobados aparecen a continuación Hugo Mallo (5,26), Miguel Rodríguez (5,25), Beltrán (5,11 no seu único partido), Olaza (5,07) e Aidoo (5,02). Este último baixa a media fronte ao Sporting, partido no que obtén a nota máis alta de calquera futbolista en calquera dos amigables, un 4,27.

O suspenso máis próximo ao cinco é o de Kevin (4,98), mentres que Gabri e Denis igualan cun 4,94 (no caso do salcedense, cun único partido disputado, o último). A continuación aparecen Jorge Saénz (4,84), Brais Méndez (4,81), Néstor Araujo (4,77), Vadillo e Okay (4,75), Juncà (4,71), Toro Fernández (4,69) e Santi Mina (4,66). Ademais, no seu único partido, Lauti de León obtén un 4,79 e Alberto Solís, un 4,68.

Listaxe completa de notas medias dos lectores de Bancada de Río

(Nota Media - Xogador - Oviedo - Lugo - Sporting)

6,45 - Emre Mor (6,69 - 6,9 - 5,77)

6 - Aspas (5,77- 6,55 - 5,7)

5,57 - Baeza (5,44 - 6,07 - 5,2)

5,55 - Tapia (5,43 - 5,78 - 5,45)

5,48 - Iván Villar 5,49 - 5,72 - 5,23)

5,46 - Nolito (5,47 - 6,04- 4,87)

5,34 - Fontán (5,1 - 5,97 - 4,95)

5,25 - Miguel (4,88 - 5,83 - 5,06)

5,26 - Hugo Mallo (5,3 - 5,55 - 4,94)

5,11 - Beltrán (5,11 - --- - ---)

5,07 - Olaza (5,17 - 5,29 - 4,76)

5,02 - Aidoo (5,43 - 5,43 - 4.27)

4,98 - Kevin (4,83- 5,33 - 4,79)

4,94 - Gabri (4,84 - 5,2 - 4,8)

4,94 - Denis (--- - --- - 4,94)

4,84 - Jorge (4,8 - 4,89 - ---)

4,81 - Brais (4,62 - 5,26 - 4,55)

4,79 - Lauti (4,79 - --- - ---)

4,77 - Néstor (4,61 - 4,95 - 4,76)

4,75 - Vadillo (4,81 - 5,01 - 4,42)

4,75 - Okay (4,75 - --- - ---)

4,71 - Juncà 4,36 - 5,34 - 4,44)

4,69 - Toro (4,61- 4,78 - ---)

4,68 - Solís (4,68 - --- - ---)

4,66 Minas (--- - 4,93 - 4,4)