Beltrán: «Podo dar moito máis»

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

O céltico di que quere ver ao Fran dos seus inicios no Celta

27 may 2020 . Actualizado ás 14:25 h.

Fran Beltrán comentou aos medios do club que regresou «ben» tras a corentena e que se sente en boas condicións e con ganas de empezar. «Traballei para iso durante a corentena en casa. Había que seguir as regras do goberno, pero sempre intentas facer algo», indicou apuntando que dispuña de ximnasio e que cando as fases o permitiron foi usando espazos comunitarios e garaxe, levándoo así «mellor».

Agora atópase con moitas ganas de volver e tamén de recuperar a súa mellor versión. «Foi un ano complicado para min, sen a continuidade que me gustou. Creo que podo dar moito máis do que dei este ano», se sincera o futbolista. Ten claro ao que aspira: «Quero ver ao Fran dos primeiros partidos cando vin ao Celta e mesmo mellor. Teño moitas ganas de que rode o balón», indicou.

Admite Beltrán que o feito de estar tanto tempo en casa acentuou as ganas de regresar. «Foi unha alegría grande poder gozar dos compañeiros e do balón. Agardemos que deica pouco empezo o bo», recalca. Por agora os adestramentos son diferentes. «É como máis individualizado, non tes aos compañeiros para charlar e que se faga máis ameno. Agora nas últimas fases si empezamos a xogar con máis compañeiros e é máis agradable, costa menos», indica.

Aínda que por unha banda lle gustaría retomar a competición canto antes, tamén cre que unha semana máis tarde sería mellor para eles porque «non deixas de estar parado máis tempo que no verán e costa». Á parte de que prioriza «a saúde, ver como está o país e a xente». Doutra banda, admite que son moitas as ganas de volver.

No colectivo, di Beltrán que acabaron «moito mellor» do que estaban antes. «O equipo estaba nunha boa dinámica, faltábanos un pouco», valora. A receita para o que está por vir tena moi clara. «O que hai que facer é ir con máis ganas que nunca, traballar como o estamos facendo, que os resultados van chegar Hai que ir sen medo algunha á situación na que estamos. Imos ir a por todas».

Para rematar, referiuse ao feito de ter que xogar sen público. «Sen a afección o ano pasado non sacásemos a permanencia. Sen eles fáltanos algo sempre. Teremos que ir con moitas máis ganas se cabe e facelo todo por eles e polas nosas familias», finalizou.