Un factor determinante

Adrián González A OPINIÓN DO EXPERTO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

22 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ser novo é unha vantaxe pola capacidade que teñen de recuperarse, non só pola volta do confinamento, senón de cada carga e de cada adestramento. Para chegar máis rápido ao estado físico óptimo, a recuperación é importante.

Outra das vantaxes que a idade pode ter é que se pode recuperar antes entre partido e partido, o que pode ser unha cuestión crave tendo en conta a previsión de xogar os once partidos que restan dun modo tan continuado.

Creo que a idade vai ser importante e que o Celta presente unha media de idade inferior á dos seus rivais é un dato positivo, pero como o fútbol é un deporte tan multifactorial non se se á curta pode influír pero se fose a máis longo prazo seguro que influiría.

Hai que ter en conta que un deportista ten que ir deixando o alto rendemento cando xa non recupera como antes, pero no fútbol hai casos para todos os gustos, como é o de Joaquín, pero logo hai xente de 30 que xa non aguanta. As retiradas van asociadas ás recuperacións e neste caso vai ser un factor importante e determinante.

A calor é outro aspecto a ter en conta e aínda que esteamos a falar de xente que está preparada, competir no verán vai ser complicado.

Por outra banda, con respecto ás cinco semanas de preparación creo que quedan curtas. O exemplo está na Bundesliga alemá, que nun día tivo oito lesiones a pesar de que teñen uns medios incribles. É outro dato a ter en conta.

Adrián González é preparador físico e readaptador