A Comisión Delegada confirma que o Celta irá á Youth League

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

CEDIDA

Xa é oficial que a praza corresponde ao equipo con mellor coeficiente, que é o vigués

15 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

A Comisión Delegada da Federación Española de Fútbol confirmou onte que os primeiros clasificados en cada grupo de División de Honra Xuvenil, como é o caso do Celta , serán os campións e o de mellor coeficiente -tamén o equipo vigués- participará na Youth League.

Esta era a proposta que a Federación trasladara hai uns días e que, como era de agardar, saíu oficialmente adiante. Inclúe que haxa ascensos que propician novos derbis galegos, xa que o Choco e o Pavillón Ourense militarán tamén en División de Honra, mentres que non se producen descensos.

O equipo vigués permanecía invicto tras disputar 25 xornadas e sumar un total de 67 puntos, o que supón un coeficiente de 2,68. Coas mesmas xornadas disputadas, séguenlle Real Madrid (2,64), As Palmas (2,6), Barcelona (2,52), Vilarreal (2,44) e Athletic (2,28). Con 29 encontros disputados, o Sevilla sumaba 73 puntos (2,51).