Maxi Gómez marcaba o seu último gol co Celta

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

Foi no vital triunfo ante o Barcelona durante A Nosa Reconquistas

04 may 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

2019: O Celta conseguía un triunfo vital ante o Barcelona en Balaídos na xornada 36 do campionato de Liga , en plena loita pola salvación e dentro do tramo de partidos que qeudará para a historia como A Nosa Reconquistas. O equipo de Escribá impúxose por 2-0 con goles de Maxi Gómez e Iago Aspas e, no caso do uruguaio, foi o último dos 20 que anotou as súas dúas tempadas no equipo antes de fichar polo Valencia.

Nun partido no que Valverde non apostou polas súas grandes estrelas, a afección volveu brindar un espectacular recibimento ao equipo. Escribá apostou por un once formado por Rubén Blanco , Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Olaza, Boudebouz, Boufal, Lobotka, Okay e os dous goleadores.

No conxunto culé, e xa que logo como visitante en Balaídos ese día, estivo o actual xogador céltico Jeison Murillo, que saíu no 67 en substitución de Todibo.