Lección e definición no Bernabéu

Adrián Rubio A Dos BANDAS

BANCADA DE RÍO

Legan P. Mace / SOPA Images via ZU

18 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Rafinha para min foi o mellor xogador do partido, non só do Celta . Deu unha lección no Bernabéu, sobre todo á hora de marcar os tempos do encontro. De saber cando o Celta tiña que correr e conservar a pelota. Véxoo no seu mellor momento e considero que é un dos grandes sustentos do equipo conxuntamente con Murillo e Rubén aínda que cometese un erro ante o Madrid.

Ademais Rafinha e Iago Aspas enténdense que dá xenio porque ao final os bos e os intelixentes no campo sempre se acaban atopando. Son dous futbolistas excelentes no técnico e en entendemento do xogo están moi por amais da media da liga. Son dous dos grandes da competición.

Por outra banda, o segundo gol do Celta é a definición dos dous protagonistas como xogadores. Porque Denis deixa patente o talento e a visión de xogo que ten e Santi Mina é o xogador que vai ao espazo e que define. Ao Celta vénlle moi ben recuperar a súa mellor versión.

No caso do centrocampista xa comentei que necesitaba un punto de inflexión e ese pase pode selo. Denis chegou cunhas expectativas que non se estaban cumprindo e necesitaba un empuxón. No caso de Mina, meter o gol para sumar un punto tan importante sendo o primeiro balón que tocaba, sendo ademais o seu gol máis característico, creo que lle vai vir ben tamén.