Santi Mina, no once ideal da xornada de Who Scored

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

O dianteiro céltico foi titular fronte ao Eibar e disputou 72 minutos antes de ser relevado por Denis Suárez

27 ene 2020 . Actualizado ás 10:12 h.

O dianteiro céltico Santi Mina, a pesar de que segue pelexado co gol, aparece no once ideal da xornada 21 do campionato de Liga da web especializada Who Scored. O futbolista céltico, que obtén unha cualificación de 7,4, disputou onte 72 minutos antes de ser substituído por Denis Suárez.

Mina coincide neste equipo co excéltico Maxi Gómez, que fixo o camiño inverso de Vigo a Valencia o pasado verán e esta fin de semana marcou os dous goles da vitoria do conxunto che ante o Barcelona. Xunto con ambos aparecen Remiro (Real Sociedade) en portería; Nacho (Real Madrid), Bigas (Eibar), Hernández (Osasuna) e Reguilón (Sevilla) en defensa; Partey (Atlético) Kroos (Real Madrid) e Portu (Real Sociedade) no centro do campo e De Jong (Sevilla) en ataque.

Mina, que sumaba o seu décimo cuarto partido como titular nesta liga, protagonizou un tiro a porta e outro fuer, gañou cinco balóns aéreos e completou tres caneos. A súa porcentaxe de acerto no pase foi dun 62 %. No que vai de tempada, o dianteiro vigués anotou dous goles, ambos en Balaídos e en encontros que remataron co mesmo resultado de 1-1, fronte a Espanyol e Osasuna. Ademais, anotou un dobrete en Copa ante o Mérida.

O Celta non tiña presenza nestes onces desde a xornada 17, cando no empate fronte ao Mallorca Olaza foi recoñecido en Who Scored e Rafinha tanto nesta mesma web como na Liga Fantasy.