O Celta B respira cunha goleada

a voz VIGO

BANCADA DE RÍO

RC CELTA

Endosou un 5-0 ao Inter de Madrid, que quedou con dez á media hora, nun partido coral

12 ene 2020 . Actualizado ás 05:49 h.

O Celta B respira e mesmo sae do descenso directo cunha goleada (5-0) ao Inter de Madrid, o quinto clasificado e revelación da tempada. Os vigueses foron moi superiores desde o asubío inicial e ademais víronse beneficiado pola expulsión do dianteiro visitante Rufo á media hora de partido por dobre amarela.

Pero once contra once os de Jacobo Montes xa enviaran un par de balóns á madeira (Moha e Solís) e aínda que o Internacional mandou un par de avisos con gol anulado incluído, o partido tiña clara cor local cun Yeboah moi incisivo na dereita e con Bermejo e Solís mancando o xogo por dentro. O primeiro gol marcouno Bermejo tras unha boa xogada de Solís con asistencia de Apeh antes do descanso e na continuación Solís cun tiro cruzado marcou o segundo aos 50 minutos.

Con todo a favor, e cos madrileños sen apenas inquietar ao debutante Rosic na portería viguesa, o Celta completou a goleada cun excelente control e gol de Yeboah, un cabezazo de Manolito Apeh e un tiro cruzado, xa no tempo de desconto, de Dani Vega .