Poden coincidir Denis e Rafinha?

La Voz VIGO

BANCADA DE RÍO

Xoán Carlos Gil

02 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Salvo novidades, Óscar García Junyent xa disporá de Rafinha e de Denis ao 100 % para o partido do domingo en Leganés, o que fai saltar a dúbida de se os dous teñen sitio ao mesmo tempo no 4-2-3-1 que instaurou como sistema táctico nos dous últimos partidos.

De entrada, na contenda do pasado venres ante o Valladolid Denis foi o sacrificado para a entrada de Rafinha e polo tanto non coincidiron. Todo dependerá da decisión do adestrador de manter este sistema de xogo e da localización de ambos os futbolistas no campo. Se algún dos dous cae a un costado sería máis doado o seu encaixe, xa que no corredor central a única opción colocar ao hispanobrasileiro no dobre pivote con Pape ou Lobotka, unha decisión un tanto arriscada na situación actual dun equipo que debe minimizar os seus erros en defensa.

En caso de levar a Denis ou Rafinha a unha banda, entrarían na ecuación da titularidade Pione Sisto, Santi Mina e Brais. O mosense só foi titular en Vilarreal con Óscar García na única vitoria dos tres partidos que dirixiu o técnico catalán.

Con Escribá

Con Fran Escribá, Rafinha Alcántara e Denis coincidiron no campo en seis ocasiones como titulares ante o Atlético de Madrid, Espanyol, Athletic, Real Sociedade e Betis. Entón era nun 4-4-2 como sistema táctico co de Salceda na banda esquerda e o futbolista cedido polo Barcelona polo centro ou a dereita. Esa idea parece desterrada agora.